Quédate en casa desde Vigo, 31 de mayo

Martes 26 de Mayo
Bos días! Como vamos? disfrutachedes onte dalgunha das novidades da fase dúas?

Hoxe como proposta ademáis de que sigades avanzando nas actividades de lengua ao voso ritmo( a idea e rematar o tema 10 nesta semana). vos  achego as propostas das especialistas de inglés e plástica bilingüe
Comezamos cunha cantiga que nos introduce un pouco  no tema que vos propón repasar a profe Julia, as comidas saudables
Verdade que despois de escoitala dan moitas ganas de comer sano?
A profe Bea propón facer unha desas estupendas  manualidades ,Unha fermosa bolboreta doblando un papel e adornándola con circulos de cores. Tedes a informacion no arquivo adxunto
Neste enlace que me facilita amablemente Inma
https://www.littlevigo.com/cabarceno-desde-casa/
podedes pasearvos polo parque de Cabárceno, que está ofrecendo uns directos tódalas semanas para achegarnos curiosidades dos animais que alí viven. Está moi interesante e moi chuli, xa me diredes cal de todos os videos vos gusta máis,
Saude Alegría e cooperación Carmen

Mércores  27 de Mayo
Bos días familias ! A proposta de hoxe e moi sinxela, vai servir para reforzar un pouco o vocabulario en lingua galega.
Comezaremos cun video que resposta un pouco a pregunta do luns,  Vigo si que ten casco histórico ou casco vello, neste enlace podedes ver unhas imaxes dalgunha das súas rúas, nas que entre outras festas celebrase a Reconquista, tamén se fan os Maios…

Despois de visionalo  podédesvos por  có traballo, todo  vai  nun arquivo adxunto, e sirve facelo de forma oral, apoiándonos na imaxen do ordenador.
Seguimos as voltas coas zonas das cidades , seguimos  pensando se estas sempre foron iguais,ou  se a maneira de facer as casas ou vivendas sempre foi a mesma ou si as vivendas varian dunha zona da cidade a outra,, o traballo de hoxe  serve para repasar o vocabulario das partes de casa e as cousas que temos dentro delas.
E para despedirnos despois de tanto traballo un pouquiño de ritmo e baile da man de Compay Segundo e Carlos Núñez,

Saude, alegría e cooperación Carmen

 Xoves 28 de Mayo
Bos días familias! Aqui estamos de novo, hoxe vai de mates .Comezamos cun video que fala dun número que din quen non ten valor (claro que depende de donde se coloque)  A nosa querida Gloria Fuertes lle fixo un poema no que di todo o que se pode facer con ese número . Neste enlace o podedes ver

Se vos ocorre algo máis que podades facer cun cero con dous con tres vos animo a que pensedes
Nos arquivo adxunto tedes as actividades de mates para hoxe .

Na actividade  que pon repaso o dictado son números entre o cero e o cen. escollede os que queirades por exemplo todos os que rematen en tres.
No segundo arquivo volvo enviar  as imaxes para QUE  fagan unha ou duas historias matemáticas (escollede das que no fixeron a vez anterior).
Achego tamén as actividades que propon a profe ISIS. Estan EN DOUS ARQUIVOS ADXUNTOS
Por hoxe nada maís
Saúde, alegria e cooperación. Carmen

Venres 29 de Mayo
Bos días familias! Outro mes que se vai e aí vamos cumplindo e vivindo a primavera confinados e confinadas. Quería acabar este mes o mes das flores cunha proposta creativa. E unha especie de reto, que xa fixen  con outros nenos nalgún momento da miña docencia. Claro que fíxenno na clase levando os materiais necesarios Algún dos vosos irmáns  os que andan por quinto ou asi o lembrarán.
O que quero propor e que fagades unha creación artistica usando pigmentos naturais de cousas que teñades pola casa.
Pimentón que  se o mexturamos cun pelin de auga ou aceite da uns tonos  vermellos alaranxados preciosos.
Curry ou  colorante alimenticio que da cores amareliñas
añil que e un pigmento que se usa para clarexaer a roupa e da bonitos tonos azuis.
tamén podedes usar colorantes alimenticios.
O añil o mellor e mais dificil de conseguir pero o do pemento ou o do curry ou colorante laranxiña que se usa para cociñar seguro que si o tedes na casa.    
A proposta  e  que escoitando estas musica(vai en arquivo adxunto) debuxedes o que vos suxire (Usade papeis grandes)  Ofrezo dúas musicas coñecidas por eles.

Na próxima reunión web as veremos. será o vindeiro luns as 16:00.

Nas fotos podedes ver como o facian os nenos doutras clases e o resultado da que máis lles gustou

   

Saude, alegria e cooperación Carmen

Esta entrada fue publicada en MCEP de León, Recursos para el aula, Taller 0-8 años, Trabajos de aula y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario