Luns, 4
Ola Bos días familias, hoxe me comunico con vos vía datos de telefono móvil, levo un par de días sen conexión dende o router, non sei que pasa a vrer se mo solucionan .
Deixando de lado os problemas técnicos supoño que por saturación das redes quería comezar adincandoos a todas as nais unha imaxen dun iluxtrador moi noso moi de aqui, Dávila que a min góstame moito, e que recolle na súa imaxen a través das letras dunha cantiga popular o cariño as nosas nais.
Eu non son moi de celebrar estes dáis pero debe ser que o coronavirus me ten blandiña. Extendo o agarimo tamén os papis que estades presentes pois no voso día nos vos adiquei unhas palabras especiais.
Comezamos a semana e tamén o mes de maio, (a polo terceiro mes confinados) compartindo as coplas que Nuno e as súa familia fixeron na casa, creo que recollen moi ven o sentir destes días.
Cando a leades, tratade de facelo coa musiquilla das coplas dos maios,
e se vos grabades enviademe para que lle remita a mestra de Música Isis.
Comparto tamén con vos un video que fixo Xiana ten a sorte de estar no seu confinamento nun entorno maravilloso.
Recibin algún audio máis que non fun capaz de escoitar.
Non vos poñades celosos, todas e todos estades sendo uns campións, estades a dar o mellor de vos. Eu estou superagradecida pois estades colaborando moito, a pesares de xa estar algo cansos
Estou intentando gardar todas as vosas aportacións e cando volvamos vernos no cole compartiremos a ratitos todas as cousas que enviades.
Comparto tamén o seguinte enlace que descubriu a familia de Alex por se queredes seguir repasando as partes do corpo .
Como ides co libro de . E momento de comezar coas seguintes tarefas, dosificadlas para facelas nestas duas seguintes semanas, O interesante e ir facendo aos poucos sen prisas mais vale pouco e ben feirtiño que moito e mal.
Supoño que estaredes intentando ler un ratín cada día, eso é importante non vos esquezades.
despidome cunha cantiga doutro Maio , responde a música doutras épocas, pero penso que ten que seguir estando presente esa idea,, ese Maio no que as desigualdades sexan menos, nas que compartamos, nas que sexamos quen de estar o lado dos outros, máis neste momento tan complexo.
Saúde , alegría e colaboración Carmen
Martes 5
Ola bos días familias,
Sigo sen conexion a ver o que da de sí o móbil.
Hoxe envío tarefiñas de matemáticas , esta vez trátase de facer Historias matemáticas(problemas,) no arquivo adxunto tedes unhas cuantas imáxenes cada unha delas conta unha pequena historia. Fixádevos moi ben en tódolos detalles que hai nelas e a ver que historias se vos ocurren´
Como hai 10 imáxenes e eso e moito, escollede tres ou catro e facedes desas que escollades.
Miradeas todas pode ser que algunhas imaxenes vos inspiren máis que as outras.
no seguinte enlace tedes un pequeno xogo de orientacion espacial (http://www.vedoque.com/juegos/puntospeque.html).
Se navegades pola páxina atoparedes un milleiro de actividades relacionadas con distintos aspectos do curriculum.
No arquivo de audio tedes unha canción de Mamá Cabra Escoitedea, disfrutadea, memorizala se vos gusta e se queredes anotade as palabras que riman lúa unha. ou debuxade o número e o que di que pasa.
Saúde e cooperación Carmen
Mércores 6
Bos días ! xa estamos a mediados de semana-
neste mes de >Maio xa sabedes que celerbramos o día das letras Galegas. Cada ano escollese un persoeiro destacado no ámbito das letras galegas. Para este ano o persoero escollido e Ricardo Carvallo Calero.
Por primeira vez desde que se celebra este día todos os actos están suprimidos
Unha das actividades que tiñamos pensadas este ano para o cole era construir un muro coas palabras xeitosas, lembrades o reto da mestra Galicia?
Algun de vós me enviasteis os vosos ladrillos coa palabra que escollichedes-
agoro vos propoño facer un texto con esa palabra.
hoxe tocalle a vez as especialistas de Ingles,.- Nos seguintes enlaces enviovos o traballo que Bea e a Profe Julia plantexan para esta semana
Para plástica bilingúe Bea propon unha actividade de burbullas de cor.
A min giustaríame que nesas nesas burbullas de cor escribades unha mensaxe para algún dos vosos compañeiros ou compañeiras da clase.
Guardade o traballiño e o compartimos na próxima video chamada que fagamos
A profe Julia envía unha fichiña, seguimos repasando vocabulario e dime que se nos vos importa lle reeinviedes a ela os traballiños de inglés. este é o seu correo juliafreiria@edu.xunta.gal.
E para finalizar a profe Isis Vos propon o traballo que atoparedes nos dous arquivos Pdfs un con indicacións e un saudiña da profe onde vos invita a visitar sei blogue
www.opentagramamaxico.wordpress.com e o outro co traballo propiamente dito.-
por hoxe máis nada.
Saude , alegría e colaboración- Carmen
Xoves 7
Ola bos días familias! vou tocar madeira pois xa parece que recobrei a conexión, e cruzarei os dedos pois estame a dar moitos problemas a conexión. Hoxe tódalas propostas teñen que ver cun personaxe da mitoloxia galega, e un personaxe que a moitos de vós gustavos debuxar.
A proposta ven en forma de poema do meu benquerido autor Antonio García teijeiro, leede o poema con calma, disfrutade da súa lectura, imaxinade o que nos conta, debuxadeo se vos apetece, memorizalo..
O poema vai acompañado de dúas ilustracións dun artista, pintor galego, Urbano lugris, ten unha serie de pinturas dese personaxe, tamén se vos apetece podsedes indagar sobre a figura deste artista.
A canción e do grupo Mamá cabra, e tamén fala da mesma personaxe, a canción ten un ritmo moi animado, podedela escoitar e ir facendo con xestos ,mimica o como se vos ocorra o que fai este misterioso personaxe.
Si despois de ler, escoitar a canción e investigar algo de Lugris vos apetece, tamen podedes debuxar vos a vosa personaxe fantástica. Un saudo e ata mañan. A vibndeira conexión por video conferencia podémola ter o venres as 19:00 despois da hora do paseo se vos apetece conectarvos. Preparade esas burbulliñas para ensinarlle aos vosos compañeiros, ou un debuxo ou algo que lles querades contar.
Saude , alegría e colaboración- Carmen
Venres, 8
Ola bos días familias, xa estamos a venres (como pasa o tempo)
O traballiño de hoxe ben da man destas catro imáxes.
Dende que comezamos esta fase de desescalada comparto cun grupo de amigas fotos dos nosos paseos todas coincidimos que a natureza está exultante .Parece que lle sentou moi ben este parón humano.
Atopámonos con dulces estampas en lugares nos que antes non era habitual
Cando falei con algúns de vos mostrei o meu interese en que os nenos escriban trasmitan as súas ideas nos diarios
As veces as ideas témolas que chamar buscando algún elemento que nos motive para escribir y esta é a intención destas imáxes
Cando as vexo penso
Que estará a matinar ese coello que tan atentamente observa(terá un remedio para o coronavirus?)
A que xogan esas nubes que tan graciosamente se extenden no ceo?
E esa auga cristalina do regato que quererá dicirnos.
Animádevos a escribir algo no voso diario. Se vos parece deixamos a xuntanza de video conferencia para a semana que ven mañan vaime ser un pouco complicado conectarnos
Me despido con unha cantiguiña interpretada por dos grandes de la música Compay Segundo e Carlos Cano, acompañados por un coro infantil
Se tedes curiosidade investigade de donde son estes nenos ,aos que é un goce escoitar
Cal e o pais de onde ven esta canción .
Pasade unha boa fin de semana
.Saúde alegría e cooperación Carmen