Quédate en casa desde Vigo, 17 de Mayo

 

Luns 11
Ola bos días familias, como seguides? Como ides de saúde, e de ánimo ante o paso a esta nova fase?

Pode que xa vaiamos vendo a luz ao final do túnel, e agora tanto como antes temos que seguir conservando a calma e obrar con sentidiño.
Comezamos unha semana na que vouvos propor a meirande parte dos días traballiños de lingua galega, e para facelo dun xeito animado propoño comezar escoitando o audio de Xosé Manuel Budiño . Música de raices galegas e fusión con otros ritmos escoitadea,, e bailala se vos apetece.

Este ano o persoeiro ao que se lle adica o día das letras galegas e Ricardo Carballo Calero.
Neste primeiro enlace podedes atopar un resumo da súa vida escoitadeo atentamente  e informadevos ben de todo o que lle aconteceu.


Unha das súas obras  E “As Pitas baixo a choiva”, na que narra algo que lle aconteceu sendo neno. Neste outro enlace podedes ver o audio conto de dita obra


Despois de escoitalo , podes facer varias cousas, imaxinar como era esa aldea e debuxar a Ricardo e mais a súa familia nese día de choiva, podes tamén escribir en poucas palabras cal e a anécdota que narra o conto.
Podedes empezar asi… Sendo Neno un dia na…..
Espero imáxes e escritos da anécdota.
Non esquezades esta información pois mañán seguimos coas cousas de Ricardo Carballo Calero
Saude alegría e cooperación Carmen

Martes 12
Ola bos días ! aqui estou de novo! Seguimos con Carballo Calero e as súas pitas baixo a auga, imos comezar tamén con música.
Esta canción fai referencia ao titulo do libro no que Carballo Calero narra a súa anécdota coas pitas na súa aldea.
A música desta canción as pitas baixo a choiva ten a musiquilla doutro tema cinematográfico o podedes ver neste outro enlace
agora volvede a escoitar a cantiga das pitas baixo a choiva, e  que tal se dibuxades as pitas  e o galo cantando e bailando  baixo a choiva o estilo do actor da peli. (vos imaxinades un galo cantado así de namoradiño e molladiño).
Se queredes seguir investigando en Carballo Calero e as súas pitas baixo a choiva,  tedes unhas actividades interactivas no seguinte enlace
Un saudiña  Saúde alegría e cooperación Carmen

Mércores 13
Comezamos o día con outra cantiga que fai referencia  a un personaxe do conto  das pitas baixo a choiva. E o personaxe do galo. podedes esoitar a canción  no audio que vos adxunto.

Agora que xa a escoitaches como te imaxinas que é a pesonalidade do galo,
Para  tratarnos de facer ver ese aire chulesco e dominante do galo, nun curral, escolleron os ritmos dunha música con aires de tango, se che apatece investigar podes ver  algún video en youtube e ver como é esa musica.
Hoxe deixamos de lado a Carballo Calero e centradevos , nas actividades que vos envían as profes de Ingles repaso de vocabulario da familia ,
a profe Bea, para plástica unha receita de galletas
e a profe de música.
Todas as súas propostas están  nos arquivos adxuntos.
Saude  alegría e cooperación Carmen

Xoves 14
Bos días familias,  Como ides, avanzachedes moito no coñecemento de Ricardo Carballo Calero, comezamos o día con outra canción que fai referencia a súa obra “as pitas baixo a choiva”.

Escoita ben a música que tes no arquivo adxunto, nela fala dun momento do día, , podes dicir que momento do día é?, tamén fala da comida que se fai nese momento do día, podes dicir como se chama esa comida que se fai polas mañás e que e o que comían ,pero sobre todo escoita a música e gozaa e se che apatece movete pola habitación e baila e baila para estirar o corpo.
Neste enlace tes outras actividades para  seguir aprendendo cousas da vida de Ricardo Carvallo Calero
E neste outro   que nos achega  Paloma a mamá de Raquel podedes seguir afianzando coñecementos da sua vida á vez que disfrutades doutra cantiga.


Despois de pasar un  rato entretido agora tocache pensar. Poderías facer unha historia Matemática na que os seus protagonistas e os datos tiveran que ver cos personaxes  do conto das pitas.
Seguiremos mañán  Saude alegría e cooperación Carmen

Venres 15
Ola bos días familias! Outra semana que se vai,e xa estamos a mediados de Maio
Ía propoñer pechar a semana bailando un chotis, pois son as festas do meu pobo, (San Isidro en Madrid) pero para  non renunciar o espiritu galego da mesma no seguinte enlace tedes unha mazurca con aires galegos. As mazurcas son bailes moi presentes no folklore europeo son bailes que polo xeral se bailan en parellas


Agora que xa a escoitaches, dariaste de conta que está tocada cun instrumento tradicional. podes decirme o nome. Que tal se a bailas con alguén da casa ?
Despois de toda a semana falando das pitas baixo a choiva, xa estamos en condicións de ler o conto. É un conto un pouquiño longo pero o podedes ir lendo aos poucos. tedes de tempo ata o martes. o luns 18 no noso cole era festivo así que despidome de vos  ata o martes. Gustaríame que o disfrutarades moito e si vos apetece enviademe un audio `para escoitarvos  o ben que leedes.
No outro arquivo pdf envío os retos da profe Ángela . invitando a mover o esquelete e ter o corpo activo
Como ides coas tarefiñas de lengua? o martes enviareivos os audios para seguir avanzando.
Saude,  alegría e cooperación Carmen

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, MCEP de León, Recursos para el aula, Taller 0-8 años y etiquetada como , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario