Mércores 20
Ola bos días familias, aqui estou de novo. Como ides? Como estades? Como van eses paseos, esas pequenas saidas a tomalo aire?
Vou comezar cunha canción que nos leva outra vez a Ricardo Carballo Calero, é un pequeno Vals, interpretado por Uxia sobre un fragmento dun poema de Ricardo Carballo Calero e recollido no seu libro “Reticencias”.
Ademáis de gozar coa música , e bailalo se vos apetece, fixademos moi ben na súa letra, pois nel fala dunha morea de flores, poderías escribir alguna delas e debuxar un fermoso ramo con elas? Sabedes que o mes no que estamos ,dín que e o mes das flores?
Hai un dito popular que di Marzo ventoso , Abril chuvioso, fan un maio florido e fermoso
Como traballo para hoxe envio un texto , cun estracto mais pequeno no que se describe como eran os galos, tedes que leelo e logo contestar as preguntas.
Despidome compartindo este enlace, no que podedes ver como foi quedando o noso muro das palabras xeitosaas. MURO 1º E 2º, MURO 3º E 4º, MURO 5º E 6º
Me despido de vos cun lindo ramillete de flores con algunhas desas que estaban na cantiga.
Saude , alegría e cooperación Carmen
Xoves 21
Ola bos días familias! Hoxe imos comezar con outra cantiguiña .É unha cantiga de hai moito tempo;a min gustabame moito, e seguro que a algún dos vosos pais o nais levaos a súa infancia.
Sirve como motivación para deciros que hoxe imos facere unha actividade que ten que ver cos números.
Gustaríme que elexírades un número deses dos que aparecen na cancion, o que máis vos guste. Agora que xa o pensachedes escribide na libreta tos os nmeros que se vos ocurran que o leven no lugar das unidades. E agora escribide todos os números que se vos ocurran que leven ese número no lugar das decenas.(por exemplo eu pensei no 8 pois respondendo a primeira pregunta escribiría 8, 18 28,— e respondendo a seguinte poi sería 80,8182….
pitas baixo a choiva texto do galo
Hoxe vai a ir de mates, nos arquivos adxuntos tedes varias actividades para facer.
un saudiña . Saude, alegría e cooperación Carmen
Venres 22
Bos días familias! Outra semaniña que remata, e xa imos camiño de rematar o mes de maio., como levades todas as tarefiñas?, como vos ides sentindo? vos parecen moitas,, , vos sentides moi agobiadas e agobiados coas propostas.
Hoxe quería propoñer que escribades no voso diario algún texto no que vos describades a vos mesmos explicando como sodes non so fisicamente senon como e o voso caracter como vos sentides, e que o que mais desexades facer. Si ese textito vai acompañado cun debuxo de vos mesmos, no que se vexa como sodes mellor.
Encantaríame que ese texto e ese dibuxo mo enviarades para así gardalo nunha carpetiña e comparar cos primeiro debuxos que gardei.
Lembrade ocupar todo o folio e lembrade ben todas as partes que ten o noso corpo, lembrade que temos pescozo que temos brazos, mans e dedos, pernas pes e dedas,, que temos ombreiros, orellas, ollos, nariz, cellas , pestanas, e que o corpo móvese,
Despídome cunha cantiga esta vez dedicada aos maiores espero que a disfrutedes, leva moitos dias na miña boca, a tarareo continuamente,
Ai! miña nai que ganas de vervos teño.
Seguinte reunión Web luns 25 de maio as 16:00 horas, esperemos que xa esteamos noutra fase da desescalada.
Boa fin de semana
Saúde alegría e cooperación Carmen