Ola bos días familias! Como imos? Sobrevivides a esta vaga de calor? Como estades aproveitando estes días de maior liberdade de movementos?
Comezamos hoxe este último mes do curso escolar que quedará grabado na nosa memoria polo diferente, polo raro, polo dificultoso
Comparto neste enlace o video realizado coas achegas dos maios, disfrutadeo
Maios2020
Habitualmente este mes, é un periodo no que imos ultimando o traballo feito, no que facemos balance do aprendido, do traballado, e un tempo polo xeral de reflexión de recollida e de de despedida alegre do curso.
Normalmente neste tempo, preparamos algunha actuación para mostrarvos para disfrutar en familia e despedilo curso dun xeito lúdico.
No cole tamén neste terceiro trimestre dende hai un par de anos facemos a semana dos artistas e virtuosos, de tal xeito que nos recreos todo o alumnado que ten unha vena artística (baile canto, musica bis cómica … pódea mostrar os seus compañeiros-
ide pensando se algún de vos quere participar.
Vos animo a que participedes, Na nosa aula temos moitos artistas-
Este vai a ser a proposta que facemos dende a area de musica, que a tedes explicada no arquivo: XUÑO, MES DOS ARTISTAS DO SEIS.
Ademáis de música eu fago extensivo o talento a se queredes recitar un poema, facer un baile, cantar, … e a todo o artistico que se vos ocorra
Neste mes, si o vedes necesario e a petición vosa, podemos ter xuntanzas de titorías por algún dos medios cos que contamos, videoconferencia ou telefónica.Faríao en horario de mañán.(Nas tardes querría empezar a disfrutar dos paseos e as praias.)
Con respecto a proxima video conferencia cos nenos e nenas ,faríamola en horario de mañan creo que nas tardes apetece praia e paseo, que tal o mércores as 12:00(Mércores 3 de Xuño), a ver se desta vez temos máis participación.
Con respecto ao traballo podedes comezar o ultimo bloque de lingua, aquí van os audios
Saude alegría e cooperación Carmen
Martes 2 de Xuño
Ola bos días familias, antes de nada disculpas pois o correo de onte quedoume na papelera e aquí vai. así tivechedes un dia de descanso . Gustaríame seguir recibindo as obras de arte que fixestes cos pigmentos da cociña, xa recibin algunhas e me reafirmo en que xodos uns verdadeiros artistas, seguiremos practicando cando nos xuntemos para afianzar todas estas cousas, e poñelas en práctica xuntos, que sempre e moito mellor.
Hoxe vos envio os traballos de inglés e Plástica bilingue. para que repasedes un pouquiño o vocabulario das prendas de roupa e as instruccións para facer un molinillo de vento cun papel e unha palliña. Vémonos nun ratito lembrade as 12:00 teremos unha xuntanza que será casi que das últimas.
Vos adianto que a semana que ven estarei polo cole para entregarvos o material que queda dos nenos no colexio. Teredes que vir so unha persoa por familia, á hora indicada establecerei un horario para non coincidir mais do numero autorizado de persoas no cole. O día e o xoves 11.
Xa vos irei decindo horario. como somos 24 teremos que ir en franjas de 10 minutos, dende as nove da mañán as 14:00. se e que non podedes vir podedes autorizar a alguén que o faga por vos. Seguimos en contacto
Saúde, alegría e cooperación Carmen
Mércores 3 de xuño
Ola bos días, hoxe é día de mates, vou comezar cun poema de Gloria fuertespoema de Gloria Fuertes que fala de numeros e palabras. Despois de leelo e fixarvos atentamente podedes facer o debuxo con todos os animais, plantas e obxectos que enumera, a ver que debuxiños vos saen tan chulis.
Ademáis do poema unha fichiña de mates, fichiña de mates que e xa vai ser das últimas.
Cando teñades eses debuxiños podedea envialos.
Saúde, alegría e cooperación, Carmen
Xoves 4 de xuño
Ola bos días familias! Esta, está sendo unha semaniña moi intensa de traballo para min . Moitas xuntanzas de profes e moita atención a distintas intendencias caseiras, eu que tiña o proposito de ir afloxando o ritmo..
Comezamos coa proposta de hoxe que consiste en escoitar a cantiga que vai neste enlace.
Podedela escoitar todas as veces que vos apeteza. Xa algunha vez o fixemos na clase, e do que se trata e de que identifiquedes esas emocións das que fala, e que faledes con alguén da familia se vos as sentíchedes nalgún momento desta pandemia e cando.
No arquivo adxunto unha lecturita lecturita tamén de emocións.
Saúde, alegría e cooperación.Carmen
Venres 5 de xuño
Ola bos días familias! Como andades? Así case sen darnos de conta a semaniña chegou a o seu fin, xa estamos a venres outra vez
Empezamos recordando e escoitando una bella canción coñecida por todas e
todos nós
Vos lembrades dela? Ogalla axiña poidamos volver facer esas actividades todas e todos xuntos!
Hoxe as propostas veñen da man da profe Ángela., Ela pensa que de tanto tempo como levamos na casa, xa a coñecemos e sabemos todos e cada un dos seus recunchos. Leede atentamente a proposta que vai no arquivo adxuntoarquivo adxunto, e despois de practicar co circuito como ela bos dí, eu quero propoñervos unha actividade creativa.
Como coñecedes tanto e tan ben a vosa casiña, podedes debixar nun folio a habitación ou estancia que máis vos guste, será será a vosa habitación? será, será a cociña?, será será o salón? será, será a terraza?. Pensade ben cal e a vosa estancia favorita da casa, e a debuxades nun folio, logo despois nese mesmo folio e cos ollos pechados tratadea de debuxar de novo.
Unha vez feita comparade os debuxos.
¿Que pasou? seguro que no intento a cegas vos convertichedes nuns expertos artistas da abstracción.
Me gustaría ver algún dos debuxos.
Boa finde e disfrutade do sol, do aire libre, da famila e de todo o que fagades.
Saúde, alegría e cooperación
Carmen