Lunes 8 de Junio
Bos días familias, a pola penúltima semaniña .Como estades? xa sei
polas conversacións telefónicas e que o ides levando con forza e
resignación.
Permitídeme comezar a semana con un pouco de humor do que circula
polas redes. O primeiro que tedes que facer hoxe e ver o video, dedicado a
pais e nais.
Bromas aparte, esto que di o video, está a punto de suceder, a
proposta de hoxe luns e a última que vos vou mandar, independientemente de que logo envie as propostas das especialistas ou envie algún correo con algún outro texto.
Esta proposta e para facer o longo da semana. Paréceme unha actividade
interesante, chámase a cápsula do tempo; nela teredes que facer
distintas actividades para recoller cómo vos sentichedes, que foi o
que pensasechedes nestes días de confinamento, que fagades memoria
de algunhas das cousa que aconteceron e que o completedes.
Esta CÁPSULA DO TEMPO ME GUSTARÏA VELA EN SETEMBRO; GUSTARíAME PODELAS GUARDAR NUNHA CAIXIÑA; RECIBILAS E CONTARLLE AOS NENOS E NENAS DENTRO DUNS ANOS ABRIREMOS A CAIXA PARA VER O QUE GARDAMOS:
Paréceme unha actividade moi emotiva e que pode ser moi linda para comezar o curso, pechando este momento tan raro distinto e dificil que vivimos. Pecharíamos unha etapa e daríamos comezo a outra.
Xunto coas cápsulas do tempo, gustaríame que levarades os diarios, tamén os gardaríamos e lle dariamos o mesmo tratamento. Conto con vos para podelo levar a cabo.
Xunto con estes arquivos, vos adxunto o cuadrante co horario para a recollida do material dos vosos fillos e fillas, tratei de respectar as vosas prioridades.
Tamén vos remito un documento coas instrucciós para o xoves día 11 que nos remite o equipo directivo, coas normas a seguir nese día. E importante que leades atentamente, e que revisedes na casa e todo s aqueles libros ou materiais que teñades pola casa, os traiades de volta ao cole.
Espérovos.
Con respecto a unha nova xuntanza webex cos nenos e nenas poderíamola facer de novo o mércores día 10 de xuño as 12:00. Que vos parece? Espérovos.
SAUDE ALEGRÍA E COLABORACIÓN
CARMEN
Vernes 12 de Junio
Bos días familias, esta semana estiven moi caladiña, pero non por iso deixei de teros presentes, voltei o cole varias mañáns e una extraña sensación me invadiu ao entrar nel, una mixtura de nostalxia de sensación de abandono,…. Que pouco se tiveron en conta as necesidades da infancia nesta crisis sanitaria! Entrei no cole arrastrando ese pensamento, cando cheguei a clase buff!! Todo desfeitiño, eso si por una mellora, o ano curso que ven, contaremos na aula cunha pizarra dixital.
O noso fermoso mural de cambiemos o mundo estaba desfeitiño, (curioso ese mundo que iamos cambiar, cambiounos a todos).
Non sei si lembrades eses papeliños que pegamos arredor do mundo con eses desexos do que nós. os adultos, queríamos cambiar:
MÁS EMPATIA,(Repetido ata sete veces)Rematar coa violencia as mulleres
MAS SOLIDARIEDEADEMÍAS XENEROSIDADE
MELLORAR O DIALOGO
ELIMINAR AS FRONTEIRAS
FALAR, DIALOGAR SEN ENFADARSE
QUEREMOS MOITO MÁIS AMOR PARA OS DEMAIS E MOI IMPORTANTE PARA UN MESMO.
SENDO PACÍFICOS (CREAR A PAZ)
Este era o mural que xa non estaba, me preguntei cantos destes desexos podemos por en practica neste tempiño. Seguro que precisamos moito da empatía, do respeto, e tivemos que coidarnos moito mais si cabe que noutras ocasións.
Recollin o que puiden, puxen algo de orden e preparei as vosas cousiñas. Pensando nese desexo de coidarnos e de seguir adiante cando quera que as cirscunstancias o permitan.
Entre tanto seguimos virtualmente, desexando vervos a todas as persoas nenas, nenos país e nais.
Quería agradeceros a participación e a puntualidade de onte, unha vez mais a vosa colaboracón foi estupenda.
Nos arquivo adxunto tedes a imaxen do mural que agora quedou só a metade
Neste enlace tedes o último reto que nos fai chegar a profe ängela. Moi divertido, vos animades a facelo
Un pouquiño de musica para despedirme de vos por hoxe,co desexo de que todas e todos saibamos estar presentes e de ser empáticos.
https://youtu.be/Us-TVg40ExM
Saude alegría e cooperación Carmen.
Xuño de 2020.
Lunes 15 de Junio
OLa bos dias familias, como vai indo a vidiña? Hoxe comezamos outra etapa da desescalada, parece que aqui en Galicia xa estamos na tan nomeada nova normalidade, seguiremos con sentidiño e a modo, pouco a pouco.
Con respecto a situación das escolas pouco vos podo avanzar, Vos envio un arquivo do acordo Conferencia Sectorial Educacion inicio curso 2020-21 por se é do voso interese, agora haberá que ver como se concreta na nosa comunidade autónoma.
Na páxina do cole atoparedes as instruccións para facer a reserva do comedor , no seguinte enlace tedes o acceso a páxina por se queredes informaros y/ou facer a reserva
Nos libros e material que levachedes o outro día ia un libro que se chama Historias de aqui e de acolá.
Son uns libriños de lectura en galego, tiña 25 libros na clase, e como a lectura en galego é algo que lles custa máis, pareceume que era bo que leerades no verán con eles , e en setembro o devolvedes.
Engado tamén hoxe un arquivo con actividades máis variadiñas para facer no verán si e que nalgun ratin tedes ganas de facer algo.
Ë un programa que se chama de desarrollo da inteligencia, e supón adquirir, ejercitar y perfeccionar una serie de habilidades de razonamiento.( percepción y atención ,memoria, comprensión verbal, comprensión del espacio, razonamiento lógico, organización temporal, habilidad numérica)Habilidades importantes para lograr un bo desenvolvemento da intelixencia.
Gustaríame ter a reunión final Webex o vindeiro mércore 17 de Xuño as 12. Sería a última e a ver se podemos despedirnos. Vos espero.
Saude, Alegría e cooperación.
Carmen
Jueves 18 de Juni
Ola bos días familias! agora si que vai a despedida, casi sen darnos conta chegou o remate do curso, e con el o tan merecido descanso,
Comezarei compartindo con vós un pouquiño de música.
Q
Contaxiástesvos de algo da súa enerxíia positiva
Que terapéuticas son a música e o baile verdade?
Aquí tedes unha carta na que comparto o meu sentir.e todo o meu cariño:
Y una vez que la tormenta termine no recordarás cómo lo lograste, cómo sobreviviste, ni siquiera estarás seguro si la tormenta ha terminado realmente. Pero una cosa sí es segura, cuando salgas de esa tormenta no serás la misma persona que entró en ella. De eso se trata la tormenta.
Haruki Mirakami.
Pois cal tormenta, e no medio do furacán, vímonos inmersos nesta pandemia. Nós que queríamos cambiar o mundo, e foi un pequeno microorganismo o que nos parou a todos e nos cambiou a vida.
Son moitas as ideas, moitos os sentimentos que ao longo destes meses pasaron pola miña vida. E seguro que pola vosa tamén. Dende o minuto cero tiven claro que a miña misión, lonxe de posibles directrices, era manternos en contacto e coidarnos dalgunha maneira.
Estiven preocupada pola saúde(emocional e física de todos nós),a dos nenos e a dos maiores, pola vosa situación laboral… Evidentemente todo isto determinou o xeito de cómo enfrontabamos esta situación que cambiou radicalmente os nosos hábitos, os nosos costumes.
Que difícil non poder estar con todos aqueles aos que queremos, que difícil non poder abrazarnos, bicarnos e aloumiñarnos tal e como estábamos afeitos.
E así, case sen darnos de conta, aprendemos a celebrar vendo a vida en cadriños, cariñas da xente que queríamos nunha pantalla. Un hurra polas tecnoloxías que tanto avanzaron.
Quero agradecervos a todos a vosa inestimable colaboración. Sen ela, a miña tarefa non chegaría a ningures. Podo afirmar que tiven os mellores compañeiros nesta singradura por mares revoltos. Grazas familias por manter a calma, por deixares orientar e por facer que todos nos chegaramos a bo porto.
Non me cansarei de agradecervos a vosa colaboración.
Grazas nenas e nenos que sodes os verdadeiros protagonistas. Grazas polo voso entusiasmo, pola vosa capacidade de adaptarvos dende o minuto cero. Din os que falan de emocións que iso se chama resiliencia. Seguro que este momento quedará gravado na vosa memoria, e co paso dos anos seredes capaces de lembrarvos e sorrir.
Grazas, polo voso sorriso, polos silencios, polas presenzas e polas ausencias, polos vosos debuxiños, polas imaxes que me fixestes chegar;grazas por participar nas xuntanzas, imaxinaredes o contenta que me puña cando os vía a todos xuntos, era algo similar a cando estabamos nas aulas.
Gustaríame que disfrutases moito no verán, que sigades facendo todas aquelas cousas que vos fagan sentir ben, que vos fagan sentir ledos, e tamén se nalgún momento afloran o medo ou a tristeza (hai moitas cousas que teremos que facer doutro xeito!), que pensedes en elas e as faledes: as penas cando se falan e se comparten son menos penas.
Eu tratarei de descansar e desconectar tamén.Tratarei de gozar da familia (levo unha morea de meses sen ver a miña filla maior, os meus irmáns, a miña Tia Juli…);tamén gozarei dos amigos e da natureza todo o que poida. Vou ver se son capaz de gozar de moitos solpores. Gústame moitísimo sentarme fronte ao mar cando o sol se esconde polo horizonte, a beleza das cores laranxas, vermellas, as veces douradas, outras mais rosadas, esas cores do solpor fanme lembrar as cousas boas do día e penso en todo o bo que traerá o día seguinte.
Pensarei en todos vos cando vexa o solpor de cada día, seguro que polo ceo e polas nubes chegaravos o meu cariño; eu recibirei o voso.
Familias este curso remata, mantereivos informados. Entre tanto, deixádevos guiar pola Estrela Polar, din que marca o norte. Non o perdades, eu tamén tratarei de non perdelo.
Vémonos en setembro cargadiños de enerxía
Saúde, alegría e cooperación.
Carmen
Sed felices, gozade con sentidiño ,coidadevos moito e vivide todas aquelas experiencias que a vida vos presente. e como di a canción xa sabedes podedes contar conmigo
VËMONOS EN SETEMBRO
Saúde, alegria e cooperación Carmen
DEVOLUCIONES DE LAS FAMILIAS
Escritos finais despedidas
Ola ! aqui os reenvio contestaciones a la carta de hoy, estoy blandita, lloro de emoción contenida todo este tiempo.
Ana Illanes
Bos días,
Ohh, que carta mais bonita…, moitas grazas.. que pases un bo verán. Ogallá podamos ter un curso medianamente normal… ainda que eu xa non sei… as veces son optimista pero… a maioria das veces invademe o pesimismo…,co que lle gusta a Paula bailar… e ainda non sabemos se poderemos o próximo curso..o que si sabemos e que coral de momento nadiña de nadiña…
En fin…. haberá que confiar nas autoridades e sobretodo na comunidade científica… e como non! no sentidiño da xente!
Recibe ti tamén o noso cariño, os nosos bicos polo aire e ogallá, que todo isto se solucione pronto porque os nenos á escola non so van a aprender lingua e matemáticas…
Feliz Verán!.
Familia de Paula
Gabriela Farah
Hay Carmen….. No soy capaz de leer la carta sin llorar, te prometo que cuando seamos capaces de acabarla te llegará una con remitente.
Pero siempre decirte y sin cansarme de hacerlo GRACIAS
GRACIAS por todo, por tu apoyo incondicional, por tu esfuerzo, por tu trabajo, por tu cariño inmenso que se hacía notar a pesar de la distancia.
Y un GRACIAS más personal, donde nos hiciste sentir queridos y menos solos en todo este proceso de cambios que se unió con una pandemia. Ojalá puedas imaginar y sentir lo importante que fuiste y eres en esta casita.
GRACIAS CARMEN
Sandra Martínez Jimeno
Hola Carmen.
Antes de nada quería disculparme por estar ausente en este tiempo. Entre la vuelta al trabajo de Juanma, la aldea en la que la conexión deja bastante que desear, la vuelta con mil cosas que solucionar,… Ni un minuto encontré para parame a redactar este mail.
Quería decirte que me ha emocionado muchísimo ese mail que mandaste en el que contabas como te sentías al volver al aula, imagino ese sentimiento y también a mi me entra un sensación de opresión en el pecho. Menudo comienzo en primaria y menudo año de cambios en el mundo y mundo cambiado.
Pero los acontecimientos vienen como vienen, y solo podemos hacerles frente con mucha fuerza y cooperación, como siempre dices en tus mails.
La verdad es que no sé por donde empezar, porque tengo tanto que agradecerte. Me he sentido tan unida a ti en pensamientos y actitud que sólo puedo exponer mi profunda gratitud y admiración por ese cariño, empatía, cercanía, presencia,curiosidad… Nuestros niños te deben mucho, y los padres también.
Ha sido increíble tenerte este año como profesora, y sé que el año que viene también lo será. Espero que sea un año más tranquilo, y todo vuelva a su cauce poco a poco. Creo que todos nos lo merecemos, pero la infancia más. La gran olvidada en todo este proceso.
FELIZ verano Carmen. En septiembre volveremos a vernos las sonrisas y escucharemos las risas, carcajadas, canciones, que nos hemos perdido en este tiempo.
Nuestro profundo cariño de parte de toda la familia para ti.
Abrazo gigante
Os envio,tamen, un video de una de las familias .
b84ed8ff-3453-4b70-a962-48440c50aa83(3)
Un besito familia
deseando veros
Carme