Quen somos

Logo del MCEP y dibujo con cooperativa escolar

 

O M.C.E.P.(Movemento Cooperativo de Escola Popular) defínese coma un colectivo de persoas vencelladas directamente ao ensino que mediante un traballo cooperativo, crítico e investigador, arelan a renovación e transformación da escola; coma un xeito de colaborar na construcción dunha nova sociedade. Ese ideal de escola é o que chamamos ESCOLA POPULAR.

É un movemento socio-pedagóxico, que pola súa tradición e estructura, integra tanto aspectos relacionados coa formación permanente dos seus asociados como os valores relacionas entre os seus membros. Non é pois un colectivo tan só tecno-pedagóxico (adicado á reciclaxe dos seus socios, á investigación educativa, á experimentación de novos currículos, á elaboración de materiais e deseños novos) coma tampouco é un grupo simplemente relacional( a súa fin sería cultivar a amizade e as relacións humanas entre os seus membros).Recollendo o antedito o M.C.E.P. vai máis aló, supondo o seu aceno súa connotación sociopedagóxica:

Por concibir a escola e o seu labor nela como inafastabeis do eido social no que está enraizada aquela.
Por que o seu labor non é só pedagóxico de seu.
Porque os seus membros non costruen soamente a súa acción na aula.
Por coidar o seu labor na escola coma un pulo cotián a prol de conquerir unha sociedade máis xusta e harmónica

Autocualificarse coma movemento, implica a posibilidade de renovación interna e cambio, heteroxeneidade, convivir na diversidade de motivacións e prácticas políticas sociais e pedagóxicas; apertura, expansión ,substrato pedagóxico común entre os seus membros, pero diversidade na concreción práctica e respecto ás diferencias.

O MCEP é un movimento sociopedagóxico que ten:

Un ideal a quen dirixir os seus esforzos “unha escola popular”
Unha pedagoxía de seu: A “Pedagoxía da Escola Popular” ou “Pedagoxía da escola moderna”, derivación dos planeamentos básicos freinetianos
Unha implantación na meirande parte do territorio do estado español.

Organizativamente é unha confederación de movementos de ámbito comarcal ou territorial diverso, denominados M.C.E.P. dos …. que na actualidade son 21. Esta confederación está coordinada por unha Secretaría Confederal, de carácter rotativo.Cada M.C.E.P. e autónomo no seu artellamento.

Anualmente, celebra un congreso momento de encontro, aportación e intercambio de experiencias mediante o cal actualiza os seus postulados tanto no eido pedagóxico coma no social.

A nivel internacional está integrado na F.I.M.E.N.(Federación Internacional de Movementos de Escola Moderna) Organización que agrupa movementos de carácter semellante nuns trinta e seis países.

Se queres ampliar a información sobre o noso movemento podes facelo aquí