QUÉDATE EN CASA DESDE VIGO- 20 de marzo

Bos días familias, Un día más de confinamento. ¿como levades o ánimo e a organización da intendencia caseira?. Sei que isto non está sendo fácil, pero trataremos de facelo  o máis doado posible. Animo , forza e sentidiño

Como a natureza segue o seu ritmo  , e que ben que así sexa, hoxe comezou a primavera,  e as actividades de hoxe van enfocadas a eso.

No arquivo adxunto tedes  un poema de  Antonio  García Teijeiro

Medrou unha planta

, Podedes leelo, en voz baixa , alta  e tratando de entonar, tamen podedes memorizalo e si vos apetece me enviades unha grabacion  recintandoo. Tamén podedes ilustralo(gustarame ver eses fermosos debuxos quer seguro facedes e sobre todo disfrutade da súa lectura.

No outro arquivo unhas adiviñas para activar o inxenio. Que tal se facedes unhha serie coas cousiñas desas adiviñas?

No seguinte enlace  tedes a música da primavera de Vivaldi, escoitadea e se vos apetece bailadea.

 

Saude, alegría, solidariedade e cooperacion.Carmen

 

  1. O contiño segue o seu ritmo, hoxe irá a outra das casas. Estou a espera de que  me chegue a contribución de onte dunha das lineas. Bicos  mil

 

 

Esquecin decirvos que  mañan sábado e domingo son días de descanso, a ver se podo desconectarme, estes correiños empezan a ser adictivos. Conectarémonos a o luns, o único que si é posible seguirá rulando será o conto. Nestes días co que teña recollido volo enviarei para ir facendo ganas de participar, porque unha das lineas do conto está estancada.

 

Sed felices, coidadevos moito, colaborade co que poidades na casiña. Un bico Forte

Saude , alegría , solidariedade e cooperación. Carmen