![]()

Luns 20
Ola bos días familias!
quero comezar a semana e o día, compartindo con vos unha cantiga, dun grupo que ten relación coa miña familia a cantiga ten o titulo do día de hoxe, Son os Celtas Cortos. É un grupo coñecido para todos os meus irmáns en especial , meu irmán Edu que traballa con eles, así que vos invito a escoitala e cantala ou bailala se queredes.
Envíovos tamén un video do profe Breixo, quen o parecer na súa aldea seguiu o reto da profe Ánxeles e querenos amosar o seu fantástico semilleiro, imaxino que cando todas esas
plantas den os seus froitos invitaranos a probar algo da horta.
No arquivo adxunto tedes unha lecturiña dun poema .
Ademais de leelo e practicalo incluso aprender un pouquiño de memoria, podedes emular ao artista Picasso facéndovos os vosos retratos ó seu estilo. Animadevos a enviarme algún dos retratos que fagades
Tamén podedes investigar algo do pintor no arquivo tedes algunhas mostras dos retratos das mulleres de Picasso gustaballe moito retratalas. Sabedes o nome dalgunha das mulleres?
Nos arquivos de imaxen tedes as meninas que me enviaron Xiana e Coral Mirade que guapiñas están.
Saude , alegría e cooperación. Carmen

Martes 21
Ola bos días familias! como vais? seguides sanas? e o ánimo como o tedes? ides a ratitos ou o mantedes a alza?
Hoxe vou enviarvos as propostas que nos fan para celebrar o día do libro (que é o día 23) o noso maravilloso equipo de dinamización da biblioteca.
Vai tamén a propostas de plástica bilingüe nun arquivo pdf, xa veredes que manualidade máis chula vos propón facer cos cartonciños do papel hixiénico a profe Bea.
Nooutro arquivo adxunto tedes o cartaz que elas elaboraron para darvos ideas (están todas as mestras guapisímas) e tamén tedes as explicacións Esperamos a vosa colaboracion.
E para rematar un pouquiño de música como tódolos días para mover un pouquiño o corpo, animadesvos a bailar este twist.
Saude, alegría e cooperación Carmen
Mércores 22
Ola bos dias! Xa estamos a mitade da semana como levades todas as iniciativas que nos van propoñendo? Estades animadas a compartir a foto co voso conto favorito? Estou desexando ver esas fotos.
Hoxe van as propostas que fai a profe de educación fisica.Xa sabedes que na medida do posible témonos que mover e activar o corpo un pouquiño, todo o que propón o tedes nun arquivo adxunto
A ver si é posible que que nos faga chegar os videos , cando sexa así volos reenvío.
Tamén van as actividades de mates semanais, xa sabedes que tedes que dosificar espero que desta vez vos chegue ben o arquivo(os numeriños do dictado están escritos entre paréntese)
Como van eses autorretratos ó estilo de Picasso, veña animadevos a enviarme algún
Aquí vai o meu autorretrato feito ó seu estilo.
Por hoxe nada máis que esta semana xa vai intensita de traballo..
Saude , alegria e cooperación.Carmen
Xoves 23
Ola bos días familias, como seguides, xa estamos no día do libro .
Vos soa esa cantiga que di
Cuéntame un cuento
y verás que contento
me voy a la cama
y tengo lindos sueños.
No seguinte enlace a podedes escoitar
Gustouvos coñecedes a historia da que fala? sabedes o que son as botijas? sabedes o que é o pez? Podedes investigar se vos apetece.
Na canción tamén fala de dous paises sabedes cales son? Como credes que chegaron a estos países, están moi lonxe, que lugares poderían visitar?
Enviachedes as colaboracións que nos pedía a biblioteca. facedeo que logo nos gusta vernos nas montaxes que preparan-.
Outros anos saíamos ao patio e os nosos padriños e madriñas lectoras nos leian o conto que escollían .. Este ano farémolo na casa.
Son moitas as propostas que para este día circulan polas redes de entre todas elas escollin a da asociación de Gondomar chamada ESPAZO LECTURA, que adícase a fomentar a lectura con moitase diversas actividades. E FAINO DENDE HAI MOITOS ANOS.
A PROPOSTA PARA ESTA SEMANA DO LIBRO; CHAMASE «COCIÑANDO CONTOS» Esta explicado no pdf adxunto pero a idea e crear parellas de palabras que rimen e con esas palabras crear un conto ou unha historia. (trala proposta hai un equipo moi comprometido coa lectura e tamén algunha que outra amizade e colega de profesión.) Encantaríame recibir algún deses contos que cociñedes.
No seguinte enlace podedes desfrutar escoitando un par de contos e vos explican a proposta para escribir un. https://youtu.be/GN25F0AacoM
Creo que hoxe toca disfrutar da lectura e tamén si queredes podedes investigar por qué o dia 23 se celebra o día do libro.
Tamén vos adxunto un arquivo en word que me enviou a profe Julia para que fagades algunha actividade de Inglés.
Saude alegría e cooperación. Carmen
Venres 24
Bos días familias outra semana que se vai coa esperanza de que esta situación vaia mellorando .
Quero empezar o día e rematar a semana de tarefiñas compartindo con vos unha cantiga de Uxía do seu libro cd Rosalía chamada Alborada escoitadea.É unha cantiga que me anima que me axuda recuperar forzas e poñer a mirada lonxe para non perder a esperanza de que un mundo mellor vai ser posible.
A letra da cantiga e longa, tedela toda no documento adxunto., Despois de escoitala e gozala, a podedes ler , só o sinalado en negriña (Ou toda se os vedes Con animo)
Tamén vos propoño que ilustren esas dúas partes da cantiga, as sinaladas en negriña, ou toda si eles queren.
Outro punto que quería tratar con vos e o das videoconferencia, casi nengún de vos (so dúas familias contestaches cando era o mellor momento para facelo,eu quereria facelo en días laborables, pero entendo que o mellor para aqueles que con sorte estades traballando, e mellor nos días da fin de semana, xa que algúns estamos co teletraballo noso ou dos nenos,
Asi que vos convoco a unha xuntanza o sábado na tarde, As cinco
SÁBADO 25 de Abril ÁS 17:00 videoreunión para vernos
Algúns compañeiros xa probaron e foi mais ou menos ben, claro que eran nenos de sexto máis autónomos,
No documento adxunto tedes as informacións para iniciar a comunicación, a ver se temos sorte e temos ocasión de facer posible esto de vernos as caras e sentirnos un pouco máis cerca, Por certo que invitei tamen aos profes de prácticas , Olalla e Breixo
Para o encontro pensade nalgo que lle querades decir os outros nenos e nenas, unha frase curtiña, una palabra, un xesto, Imos intentarlo e a ver que pasa, as tecnoloxías as veces son xoguetonas.
Supoño familias que seguides sanas ,e máis ou menos animadas, vexo que ides repondendo as actividades que propoño, Como van eses diarios? e esas lecturas? Estades practicando tódolos días verdade?, e importante ler e escribir todo los días un pouquiño. Estades poñendo atención cando escribides para que se entenda o que facemos, Seguro que sí !
Grazas a todos por participar, Vémonos mañán.
Para rematar vos invito a pasar polo blogue da biblioteca
https://atlasdossonhos.blogspot.com
No que xa hai colgado algun video feito coas contribucións das familas, din que elaborarán outro na medida que reciban mais fotos, lembrade que hainas que enviar ao correo
Bibliotecaseisdonadal@gmail.com.
Saúde , alegría e cooperación Carmen
